Aviso legal e condicións de uso
Última actualización: 5 de novembro de 2025
1. Información do Responsable
Nome do responsable: Adrián Torrents López
Enderezo: España
Contacto: contacto@adriantorrents.com
2. Obxecto do sitio web
Este sitio web ofrece servizos profesionais de programación e desenvolvemento web para terceiros, así como unha área privada para persoas usuarias rexistradas desde a que poden comunicarse co responsable, xestionar solicitudes e acceder a funcionalidades adicionais.
3. Condicións de uso do sitio
O acceso e uso do sitio implica a aceptación plena deste Aviso legal. Se non estás de acordo con estas condicións, non empregues a páxina.
A persoa usuaria comprométese a facer un uso dilixente, correcto e lícito do sitio e a non realizar actividades ilícitas, fraudulentas nin que poidan danar dereitos de terceiros ou afectar ao funcionamento do servizo.
O responsable non se fai cargo de danos derivados do uso indebido da información ou do sitio, de erros, interrupcións do servizo, mantemento ou causas técnicas alleas ao seu control.
4. Rexistro, acceso e contas de usuario
4.1. Alta e verificación
O rexistro pode requirir solicitude previa (“solicitar usuario”) e a súa aprobación polo responsable. Poderase solicitar verificación por correo ou outros métodos para activar a conta.
4.2. Credenciais e seguridade
Es responsable da confidencialidade do teu usuario e contrasinal e de toda actividade realizada coa túa conta. Debes notificar de inmediato accesos non autorizados a contacto@adriantorrents.com. Non está permitido ceder, vender ou compartir a conta.
4.3. Exactitude dos datos
Garatizas que os datos facilitados son exactos, actuais e veraces, e comprométeste a mantelos actualizados.
4.4. Uso da área privada e mensaxería
A área privada pode incluír chat/soporte, tickets ou outras ferramentas. Prohíbese o envío de spam, mensaxes ofensivas ou contidos ilegais. O responsable poderá moderar, limitar ou retirar contidos que incumpran estas condicións.
4.5. Suspensión ou cancelación
O responsable poderá suspender ou cancelar contas, con ou sen aviso previo, ante incumprimentos, riscos de seguridade ou esixencia legal. Podes solicitar a baixa escribindo a contacto@adriantorrents.com.
4.6. Idade mínima
Para rexistrarte e usar a área privada debes ter, cando menos, 14 anos. Se es menor, precisas autorización das túas persoas representantes legais.
5. Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos do sitio (textos, imaxes, deseños, logotipos, código, animacións, etc.) son propiedade de Adrián Torrents López ou de terceiros autorizados. Prohíbese a súa reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sen autorización expresa. Se sobes contidos, declaras posuír dereitos suficientes e concedes unha licenza non exclusiva e gratuíta para aloxalos e amosal-os a efectos da prestación do servizo; responderás fronte a reclamacións de terceiros.
6. Responsabilidade
O responsable non se fai responsable dos danos ocasionados polo uso indebido do sitio ou da información, nin por problemas técnicos alleos ao mesmo, nin por ligazóns ou contidos de terceiros.
7. Protección de datos
O tratamento de datos persoais réxese pola Política de Privacidade, onde se detallan finalidades, bases xurídicas e o exercicio de dereitos.
8. Cookies
A información e opcións de configuración de cookies detállanse na Política de Cookies.
9. Ligazóns de terceiros
Este sitio pode conter ligazóns a páxinas de terceiros. O responsable non se fai cargo dos seus contidos ou políticas. O seu acceso é responsabilidade da persoa usuaria.
10. Dispoñibilidade, mantemento e cambios do servizo
O responsable poderá modificar, suspender ou interromper o sitio ou a área privada para tarefas de mantemento, melloras ou por forza maior. Cando sexa razoable, avisarase con antelación.
11. Modificacións do Aviso legal
Estas condicións poderán actualizarse para adaptalas a cambios normativos ou do servizo. A versión vixente será a publicada no sitio en cada momento.
12. Lexislación aplicable e xurisdición
Este Aviso legal réxese pola lexislación española. Para calquera controversia derivada do uso do sitio, as partes sométense aos xulgados e tribunais de España, agás foro imperativo en materia de consumidores.